Monday 29 de April de 2024

O Concello de Vimianzo arranca o servizo de copias de tarefas escolares e outros documentos


Tamén acollerá este servizo de impresión as actividades dos obradoiros de memoria para maiores.

O Concello de Vimianzo pon en marcha o servizo de
impresión de copias de tarefas escolares e outros documentos para evitar que o
confinamento afecte o menos posible ao desenvolvemento da actividade
académica.
Esta acción antóllase vital en moitos fogares dos vimianceses e vimiancesas. Esta
documentación entregarase garantindo a seguridade nos enderezos que nos
indiquen as persoas interesadas a través do correo electrónico
cultura@vimianzo.gal ou no teléfono 663 67 61 26 a través do servizo de
mensaxería instantánea Whatsapp.
Ofertarase namentres dure o período de confinamento como medida de loita contra
a fenda dixital, conscientes de que non todos os fogares do municipio dispoñen de
sistemas de impresión ou de conexión para acceder aos contidos dixitais
necesarios para o desenvolvemento de actividades académicas obrigatorias.
O servizo de impresión acolle aquelas copias de documentos imprescindibles para
a vida diaria neste tempo de confinamento nas casas.
Tamén acolle este servizo de impresión as copias de actividades dos obradoiros de
memoria para persoas maiores, que se entregarán nos fogares das usuarias e
usuarios que asistían semanalmente. Este servizo ampliarase a persoas maiores
que o desexen e o comuniquen no Concello.
A alcaldesa, Mónica Rodríguez, destaca que “é un tempo importante para os
estudantes porque imos camiño ao mes sin clases e trataremos de que non perdan
o ritmo. Tamén asistiremos aos nosos maiores, axudándoos en materia cognitiva”,
apunta a rexedora.